miércoles, 7 de junio de 2017

Xogando con música clásica. Primeiro curso.

Así de ben o pasamos os nenos e nenas de de primeiro curso xogando con estes xogos de escoita activa, nos que tiñamos que facer distintos movementos escoitando música clásica. Quen dixo que a música clásica non é divertida???

jueves, 6 de abril de 2017

Concerto "Paxaro amigo. Músicas para a paz"

Despois de varios aprazamentos por circunstancias diversas, por fin o pasado día 4 puidemos asistir no auditorio de Afundación ao concerto de Mamá Cabra "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e ben valeu a pena agardar porque o pasamos así de ben.
Aquí vos queda un pequeno resumo de como foi, para que non vos esquezades do importante que é que todos poñamos un pouquiño da nosa parte para conseguir VIVIR EN PAZ.

domingo, 19 de marzo de 2017

Morre Chuck Berry


"Si bien no se puede decir que alguna persona inventó el rock and roll, Chuck Berry es el que más se aproxima de entre cualquier individuo a ser el que puso todas las piezas".

Museo de la fama del rock and roll, Ohio, Estados Unidos.


Despois desta cita xa non hai máis que dicir, aquí vos deixo un video para que poidades comprobar como sonaban os inicios do "rock and roll" e varios enlaces para que coñezades mellor quen era Chuck Berry e a súa importancia no mundo da música.

A páxina de Cultura de "El País" 
A páxina de BBC Mundo 
A súa biografía en Wikipedia

viernes, 24 de febrero de 2017

Carnaval 2017. Un desfile de modelos

Este ano para celebrar o Carnaval na clase de música convertímonos en "top models" e improvisamos un sinxelo pase de modelos; desfilando todos xuntos ao ritmo da música e posando para a cámara cando a música paraba. Como podedes comprobar estes rapaces teñen futuro no mundo das pasarelas.
Neste video os modelos son os nenos e nenas de 3ºB, 1ºB, 3ºA, 2ºB e 2ºA.


Neste outro os modelos son os nenos e nenas de 4ºA, 5ºA e 1ºA.
 

jueves, 9 de febrero de 2017

Concerto didáctico "Sandra e Meirol en Xistralia"

O pasado día 7 o alumnado de terceiro e cuarto asistiu a un concerto didáctico no teatro de Afundación, titulado "Sandra e Meirol en Xistralia", protagonizado polos Gaiteiros da Xistra, no que puideron ver e escoitar os instrumentos tradicionais galegos, e tamén coñecer algunhas cancións e danzas tradicionais galegas como a "Danza de espadas" adicada á "Coca" de Redondela.
Aquí vos queda un pequeno resumo do que foi o concerto.
 

jueves, 26 de enero de 2017

Día da Paz. "Sementado a Paz"

Como cada ano o próximo día 30 de xaneiro celebraremos o "Día da Paz", este ano co lema "Sementado a Paz", en alusión ao PDI "Terra adentro" que estamos traballando este ano. Clicando sobre a imaxe teredes acceso a web do centro onde atoparedes a versión da coñecida cantiga  de Fuxan os Ventos "Sementar sementarei", que fixo o alumnado de sexto e que cantaremos todos. 
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/991

Tamén vos deixo a cantiga orixinal do grupo Fuxan os Ventos, do álbum "Sementeira" publicado en 1978.

lunes, 5 de diciembre de 2016

Cantar, tocar, bailar en Nadal

Déixovos esta colección de enlaces na que podedes atopar ademais das panxoliñas que estivemos traballando na clase, moitas máis; así como outro tipo de música e cancións propias destas datas; por se queredes tocar, cantar ou bailar no Nadal.

sábado, 3 de diciembre de 2016

Nadal. Un pouco de todo

Déixovos este recopilatorio de enlaces tic para traballar "O Nadal" realizado polo blog "La Eduteca" do compañeiro Óscar Alonso. Nel podedes atopar xogos de vocabulario, enlaces para repasar inglés, contos, panxoliñas, xeradores de tarxetas de Nadal, webs interactivas para interactuar cos Reis Magos e Papá Noel... Clicade na foto e probade xa verdes que ben o pasades.
http://laeduteca.blogspot.com.es/2014/12/monografico-100-enlaces-de-recursos-tic.html

sábado, 12 de noviembre de 2016

Morre Leonard Cohen

O pasado día 11 espertámonos coa triste noticia do falecemento do músico, poeta e escritor Leonard Cohen. Xa sei que vos sodes moi pequenos para coñecelo e para que vos guste a súa música, pero é de obriga facerlle desde o nos humilde blog a nosa homenaxe; ademáis así é unha oportunidade para que o coñezades.
Aquí vos deixo varios enlaces por si vos animades a coñecelo un pouco. Clicando enriba podedes accder a: 
Déixovos tamén uns videos para que o coñezades un pouco.
Do seu discurso cando recibiu o premio Principe de Asturias.
 
E unha lista de reprodución da súa canle en You Tube

lunes, 7 de noviembre de 2016

Magosto 2016

O próximo venres día 11, San Martiño, celebraremos o magosto. Mentras agardamos o momento de comer as castañas pasaremos un bo rato participando nos xogos que nos teñen preparados as profes de Educación Física e cantando e bailando ao ritmo desta cantiga popular que nos propón o EDL.
Aquí deixamos a letra, que como podedes comprobar é moi doada de aprender e un enlace á música para que cantedes con ela.
Aproveitamos para dar as gracias ao CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, e a súa profesora de música: Marta Pérez Lage por compartir esta cantiga e facilitarnos o traballo de buscar a música.

jueves, 13 de octubre de 2016

sábado, 10 de septiembre de 2016

Benvidos ao curso 2016-2017. Con moito ritmo

Ola rapaces!!!
Un novo curso xa está aquí, e este imos empezar con moito ritmo. Que vos parece se empezamos repasando os ritmos traballados na clase con estas coñecidas melodías?
Ánimo, imos practicar!!!

martes, 1 de marzo de 2016

El Carnaval de los Animales. Primeiro curso

Aproveitando as pasadas datas de Carnaval, fixemos coincidir o nome da celebración coa obra "El Carnaval de los Animales" de Camille Saint-Saëns; así representaron algúns dos animais os nenos e nenas de primeiro.

viernes, 29 de enero de 2016

Odaiko "Cousas de catro"

O próximo día 2 o alumnado do terceiro e cuarto cursos asistirá ao espectáculo de percusión do grupo Odaiko, que leva por título "Cousas de catro", como preparación na clase aproveitamos para traballar a percusión e os instrumentos de percusión, así como para falar un pouco do grupo. 

http://odaiko.es/odaiko/

Se queredes saber un pouco máis sobre o grupo e os seus espectáculos clicade na foto para acceder á súa páxina web.

lunes, 25 de enero de 2016

Día da Paz "Peixiños do mar"

Entre as propostas do EDL para celebrar o Día da Paz está a cantiga "Peixiños do mar" que xa estades a traballar nas vosas clases; polo que na clase de música imos coñecer a versión do cantante brasileiro Milton Nascimento. Fixádevos nos instrumentos de percusión que se utilizan.

 
Aproveitaremos para coñecer un pouco da vida e obra deste importante cantautor brasileiro, está é a dirección da súa web